Thursday 02 de May de 2024

A Deputación recibe máis de 2.000 solicitudes de subvencións por parte das entidades sen ánimo de lucro da provincia


Por terceiro ano consecutivo, a tramitación das solicitudes realizouse de xeito telemático, co fin de axilizar os prazos

A Deputación da Coruña pechou hoxe o prazo para a solicitude de subvencións das entidades sen ánimo de lucro da provincia. En total, recibíronse 2.154 peticións, o que supón un incremento do 10% con respecto ao exercicio anterior, cando se contabilizaron 1.952.

Por terceiro ano consecutivo, a tramitación das solicitudes realizouse de xeito telemático, á vez que se acurtaron de novo os prazos para facilitar que as asociacións da provincia poidan comezar o ano cunha planificación xa das axudas que recibirán da Deputación da provincia. O reparto se determinará coma sempre por concurrencia competitiva.

Durante o tempo que estivo aberto o prazo para a presentación de solicitudes, técnicos da Deputación ofreceron sesións informativas ao longo de diferentes concellos da provincia, co fin de resolver calquera dúbida que puideran ter os interesados en optar a esta liña ordinaria de subvencións.

No caso das subvencións destinadas aos concellos, o prazo permanecerá aberto ata o día 5 de decembro ás 14 horas.